Monday 29 de April de 2024

Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda: O corazón: función, patoloxías e coidados


O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o próximo venres 19 de abril da man do cardiólogo Enrique Iglesias Río.

O venres 19 de abril ás 18:30h terá lugar unha charla científica impartida polo cardiólogo do CHUAC e Hospital San Rafael; Enrique Iglesias Río sobre “O corazón: función, patoloxías e coidados”.

Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.

Deja un comentario